Área de Cultura, Análise Política e Diagnose Social

Moito se ten escrito sobre o termo cultura e o seu significado desque Cicerón utilizou esa palabra como analoxía entre o cultivo da terra e o do espírito nas súas Disputacións tusculanas. El referíase á utilización da filosofía como alimento do intelecto, que servía como base para millorar(se) como individuo ergo millorar tamén a sociedade. O concepto de cultura do que falaba Circerón derivaba dunha cosmovisión das élites romanas, que durante os últimos tempos da República de roma dominaban unha amplo territorio poboado por xentes ás que denominaban bárbaros.

Xa en época contemporánea, dende finais do século XIX e ate o presente, o termo cultura pasou a ser entendido doutro xeito. A cultura non foi somente entendida como "alta cultura" propia das elites sociais, senón que pasou a ser entendida dunha maneira máis integradora. Nese novo concepto caben todos os productos humanos (materiais ou inmateriais) que as persoas adquiren durante o seu proceso de socialización. E. B. Tylor definiu a cultura no seu libro Cultura primitiva (1871) como: «aquel todo complexo que inclue o coñecemento, as creenzas, o arte, a moral, o dereito, as costumes e calquera outros hábitos ou capacidades adquiridas polo home en tanto que membro da sociedade». Esta definición, moi matizada ao longo dos anos, aínda nos serve para enfatizar que a cultura é creada pola xente e para a xente como un mecanismo que se outorgan a si mesmos para vivir en sociedade.

A política cultural é para nós unha prioridade e por iso, desde Podemos Narón, imos loitar por millorar o panorama cultural do noso concello seguindo algunhas liñas políticas claras:

Cultura de todos e para todos. Á cultura é un dereito humano que ven recollido como tal na Declaclación dos Dereitos Humanos (artigos 22 e 27). Actualmente os servizos sociais e culturais son privatizados total ou parcialmente (privatización da xestión) de maneira sistemática por todo o país. Esas políticas impoñen un modelo de xestión mercantilista sobre o que é de todos (a res publica) no que priman os beneficios áos concesionarios antes que a calidade dos servizos prestados aos cidadáns. As políticas culturais de Narón non son unha execpción nesa liña, tendo asistido á privatización de servizos culturais variados como o das bibliotecas municipais (véxanse por exemplo os contratos de 2012 e 2014), das ludotecas municipais (contratos de 2012 e 2015), así como os contratos de escolas e servizos do Padroado da Cultura de Narón (2014). Desde Podemos Narón apostamos pola remunicipalización deste tipo de servizos porque entendemos que a privatización supón:
  • Unha suba dos custos, xa que lles hai que garantir un beneficio ás empresa concesionaria.
  • O empioramento das condicións laborais dos traballadores, que pasan de ser traballadores públicos a empregados de compañías privadas.
  • Un aumento das redes de clientelismo político
  • A imposibilidade de acceder a recursos e servizos culturais de maneira equitativa. 
Unha cultura transparente, democrática e participativa. Apostamos por unha total transparencia da xestión e adxudicación das entidades públicas e privadas que reciban financiación pública. Así como nos criterios de concesión de bolsas, axudas, subvencións e convenios.

A cultura debe definirse de xeito participativo, por todos os diversos actores sociais. Non debe ser unha cultura tutelada polas administracións nin polas entidades socio-culturais. Para iso necesitase unha posta en práctica efectiva do regulamento de participación cidadá a través do que os veciños e veciñas poidan decidir en que queren gastar os cartos que son de todos. O goberno do Concello de Narón colaca do redor de un millón e medio de euros na área de cultura en cada orzamento anual. Os veciños e veciñas de Narón deberían poder decidir cales son as súas prioridades nesta liña.

Posta en valor do patrimonio de Narón.  O territorio que hoxe abarca o concello de Narón ten moitas pegadas históricas en forma de patrimonio. A presenza de castros e túmulos prehistórico, de restos da romanización, de patrimonio de orixe relixioso (arte relixioso, arquitectónico, bibliográfico), de arquitectura industrial moderna (muíño da ponte de Xubiamuíño das Aceas do Ponto, muíño de vento de San Mateo), así como de un longo listado de patrimonio arquitectónico i etnográfico son so algúns exemplos destas pegadas históricas no noso concello. Narón forma tamén parte de dúas rutas de peregrinaxe: a de San Andrés de Teixido, de orixe precristiá, e o Camiño Inglés. O patrimonio cultural de Narón, ademáis de ser un elemento da nosa identidade, ten grandes potencialidades económicas que poden servir para a creación dun sector laboral de moita importancia a nivel municipal e comarcal. Desde a área de cultura traballaremos en propostas políticas concretas que protexan o patrimonio dun xeito sostible e que fagan del un elemento que aporte beneficios económicos, sociais e culturais aos cidadáns de Narón.

As nosa propostas temáticas de partida, revisables en función das aportación que vaian surxindo, serán sobre as seguintes áreas:
  • Artes escénicas.
  • Bibliotecas e arquivos.
  • Cultura popular e ceñecemento local.
  • Investigación científica e cultural.
  • Museos e artes plásticas.
  • Normalización lingüística
  • Observatorio das actuacións municipais en materia de cultura.
  • Patrimonio histórico, artístico, etnográfico e natural.

Todas aquelas persoas que teñan interese en colaborar neste área, poden unirse contactándos no seguinte enderezo electrónico:
podemosnaron.cultura@gmail.com

Enlaces de interese




Responsables

Colaboradores