O pasado día 2 de Xaneiro, coma resultado das eleccións ós órganos internos de Podemos a nivel municipal, os inscritos elixiron para Narón ás seguintes persoas:
Secretario Xeral
A praza de secretario xeral está actualmente vacante tras a dimisión de Natalio Gómez
Consello Cidadán
Tras a dimisión do que fora elixido Secretario Xeral, o Consello Cidadán electo permanece en funcións ata a convocatora de novas eleccións, prevista para dentro duns meses. Actualmente está composto polas seguintes persoas:
Isabel María Allegue Vales [+ info]
Área de Prensa e Redes
Nada en Pontedeume, onde residín ate que me trasladei a Narón no 2007. Formada como Delineante. Traballei tanto de forma autónoma como por conta allea dende o momento mesmo en que rematei os estudos, mais agora non exerzo. Tras levar alguns anos traballando e vendo a precariedade laboral sobre todo das mulleres no ámbito da construcción decidín colexiarme, e pasei a integrarme na Xunta Directiva do Colexio Oficial de Delineantes da Coruña como vocal y a proposta da asamblea, cargo que fun desenvolvendo ate este ano.
Van case dez anos que non estou afiliada a ningún partido político. Si ben, con anterioridade, encabecei unha lista á presendencia da xunta local do PP en Pontedeume coa intención de renovar e millorar o devenir municipal dende o partido que naquel momento era a oposición. Este contacto coa actividade municipal fixo que vise unha realidade política pouco edificante. Dende entón observo a política con ollos críticos e pesimistas, ollando como todo cambia para seguir igual. Eso afortunadamente tornou ó aparecer o movimiento 15M e Podemos na escena, e aquí estou.
Francisco Miguel Rodríguez Pena [+ info]
Área de Medioambiente e Territorio
22/2/1977
Neda (A Coruña)
Licenciado en Bioloxía pola USC
Desde hai 10 anos vivo no barrio da Gándara, de onde procede parte da miña familia. Son profesor de Ciencias desde hai 13 anos no CPR Ayala (Narón). Desde o 2010 comezo a interesarme pola educación bilingüe, e no curso 20122013 me traslado a Chicago (IL) para formar parte do programa de profesorado visitante en USA do Ministerio de Educación. Actualmente, son Xefe do Departamento de Ciencias do CPR.Ayala.
Política
En 2014, incorpórome a EQUO onde participo na preparación das eleccións Europeas. No mes de xuño dese ano e tras abandonar o partido, únome ao Círculo de Narón, sendo membro actualmente do Consello Cidadán Municipal.
María Alejandra Freire Yáñez [+ info]
Área de Finanzas e Legal
Hola!
O meu nome é Alejandra, teño 42 anos, casada e nai dun neno de seis. Son Licenciada en Dereito, profesión que nunca exercín. Traballei como profesora e como interina no Concello de A Coruña. Na actualidade estou no paro e buscando traballo sen conseguilo. Nunca militei en ningún partido político, nin sequere exercín o meu dereito a voto, ata que surxiu Podemos. Foi entón cando deixei de ser unha política pasiva a unha activa, poñendo o meu graniño de area no Círculo Podemos Narón.
Sergio Díaz Graña [+ info]
Área de Extensión e Participación
Naron, 1978
Dedícome a traballar no sector da construcción naval. Dende o ano 2010 empecei a colaborar activamente có sindicato CIG dentro da empresa para a que traballo, e na que actualmente son membro do Comité.
Durante estes anos foi crecendo o meu interés por frear o saqueo do que vimos sendo presa a clase traballadora, e máis ainda nos últimos tempos. É por iso que me acerquei ao círculo Podemos, primeiro ao do sector naval e ao que se comenzou a perfilar posteriormente na miña cidade. Animado por xente do meu ámbito laboral e sen coñecer prácticamente a ninguén, apostei por presentarme ao Consello Cidadán, resultando que fun elixido. E aquí me tedes. Son, xunto có meu compañeiro Jose, os que estamos coordinando a área de extensión e participación. Un área que, dado o seu carácter de comunicación i enlace có pobo, consideramos xunto cós outros membros do consello que sería a área onde máis podería achegar ao grupo.
Moitas grazas por visitarnos, esperamos coñecervos pronto e que colaboredes nos diversos proxectos que imos levar a cabo.
Alberto Fidalgo Castro [+ info]
Área de Cultura, Análise Política e Diagnose Social
Son Alberto, antropólogo, e teño 34 anos (1980). Son orixinario de Narón, e vivo na Faísca.
Actualmente estou a rematar a miña tese de doutoramento na Universidade da Coruña, onde tamén me licenciei en Humanidades e obtiven o DEA (Diploma de Estudos Avanzados), coa especialización en Antropoloxía.
Na mesma UDC fun representante de estudantes en Xunta de Facultade, Consello de Departamento e Clastro Universitario, formando parte dun grupo de estudantes independentes non asociados con partido político algún.
Fun árbitro de fútbol a nível rexional entre os anos 2000 e 2007, unha experiencia que me levou a percorrer boa parte da comarca de Ferrolterra e coñecer o mundo do fútbol base de primeira man.
Entre 2007 e 2013 vivín entre Narón e Timor-Leste. Este último é o pais ao que está adicada a miña investigación de doutoramento, aínda en curso. As miñas publicacións sobre Timor poden ser consultadas nos meus perfiles de
Mendeley ou
Academia. Como antropólogo son ademáis membro de AIBR (Antropólogos Iberoamericanos en Red), ALGA (Asociación-Luso Galega de Antropoloxía Aplicada).
Son tamén membro da asociación ecoloxista
Verdegaia
Facebook:
https://www.facebook.com/alberto.fidalgocastro
Obdulia Arenas Area [+ info]
Área de Feminismos e Diversidades
Chámome Obdulia e son madre de catro fillos. Nacín en Pontevedra en 1954. Filla de militar e non por iso menos merecedora de intentar axudar. Estudei nun colexio de monxas; finalizado o bacharelato non puiden continuar os meus estudos universitarios porque meu pai dicía que ao ser muller non podería sair da miña provinicia para estudar belas artes. Cós anos descubrin que non só o arte me apaixoaba, tamén farmacia, medicina... En fin, aspiracións que quedan na lembranza.
Adiqueime a coidar dos meus fillos. Durante seis anos tamén rexentei un negocio coidando animais, actividade que compaxinaba có coidado dos meus fillos. Actualmente son aboa, adicome á miña casa, aos meus fillos e aos meus netos. Tamén ao meu marido, parte importante da miña vida. Con todo e con iso, saco algo de tempo para poder colaborar có círculo Podemos Narón.
José Manuel Díaz Prieto [+ info]
Área de Extensión e Participación
Nacín en Ferrol (A Coruña), o 14 de agosto de 1959 no lugar de Covas. En 1960 naceu o meu irmán Alberto i en 1963 a miña irmá María. A miña infancia foi a dun cativo normal: xogaba ao fúbol, ao pano, ás guerras, andábamos na bici, etc.
Iniciei a EXB no colexio público no 1 de Covas. En 1974 comencei os meus estudos de Mestría Industrial en Ferrol, que finalicei en 1980 coa especialización en Delineación. Entre 1980-1981 fixen o servizo militar. En 1983 entrei na embresa ESABE SEGURIDAD GALICIA S.A. Agora estou no paro dende 2012.
Tiven cargos como sindicalista nas empresas en que traballei, en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG) e, a partir del 2007, en CCOO.
Teño catro fillos (Raquel, 1975; Esther, 1978, Diego J., 1986 e Sara C. 1988) e catro netos (Aarón, 17 años, Aurora 10, Paula 10 e Saúl, de 8 meses).