martes, 9 de xuño de 2015

Racha cosa invisivilidade "O cambio ten nome de muller"


Como sabedes o día 5 de xuño, celebrouse no local social “Alto do Castiñeiro”, un debate, organizado pola área de igualdade de Podemos Narón, na que traballaron compañeiros e compañeiras do partido, Podemos Ferrol, Neda e Valdoviño.

Nesta ocasión baixo o lema “Racha coa Invisibilidade”, o título do debate foi, “O cambio ten nome de muller”, tomouse como referente a victoria de dúas mulleres Ada Colau e Manuela Carmena a cargos políticos de responsabilidade, expemplo de ruptura coa invisibilidade.

Na presentación explicouse o por qué falamos de “Racha coa invisibilidade”,  porque somos conscientes de que faltan mulleres en espazos políticos e na política en xeral, sendo necesario corrixir as dinámicas que ainda están a darse nas organizacións políticas, e desta forma poder participar en igualdad de condicións e así estar nas primeiras filas e nos postos de responsabilidade. O noso obxetivo non é outro que alcanzar unha sociedade igualitaria e unha ferramenta democrática igualitaria.

Facendo fincapé en que o cambio necesita da solidaridade, apoio, participación, implicación….dos homes, dos nosos compañeiros .  A realidade móstranos que son máis o número de homes que se presenta a ocupar os cargos de responsabilidade que de mulleres,  este problema revélanos que segue a haber causas polas que as mulleres non ocupan espazos políticos, polo que se crea un documento de coidados  precisamente para pór no centro o problema da desigualdade e das súas causas.

Finalizada a presentación  unha compañeira Chus Lois contou a groso modo o percorrido destas mulleres, deixando caer o aire unha pregunta que abriu o debate. Durante o cal houbo moita participación non só das mulleres que alí estivemos senón tamén dos homes, que lles seguiremos agradecendo a súa presencia xa que sin o seu apoio e participación o cambio non será doado de conseguir.

Ademais puxose en marcha un servizo de ludoteca, para que mulleres e homes con crianzas poidan acudir e participar.

O próximo venres terá lugar outro debate en Neda, e esperamos que o número de asistentes sega medrando, animovós a que nos acompañedes.


Falece Daniel Rodríguez

Acabamos de recibir a triste nova do falecemento de Daniel Rodriguez, na súa loita contra a enfermidade autoinmune que lle foi diagnosticada cando so contaba 3 anos de idade.

A pesar das dificultades que ésta lle impuxo, foi quen de superalas, e chegou a desempeñar unha vida laboral normal ata o 2008, ano no cal comezan a aumentar as complicacións de forma progresiva. Isto obrigaríao a realizar continuos ingresos hospitalarios, tomar inxentes cantidades de medicación e derivados da morfina para calmar a dor.
Lamentablemente, a súa loita non se limitará á súa enfermidade. Nesta situación que lle imposibilita desempeñar unha profesión, se lle nega a posibilidade de obter unha incapacidade permanente, véndose na obriga de tamén baterse coa Administración. Por outra banda, no seu afán de loita, comeza unha iniciativa na que demanda a creación dun servizo de atención a pacientes inmunodeficientes por cada millón de habitantes, coa fin de que tanto él coma outras persoas na mesma situación desfruten de forma efectiva do dereito a unha atención sanitaria de calidade.

Dende aquí, quixéramos enviar as nosas máis sinceras condolencias á súa familia e persoas achegadas. Ainda que colaboramos con eles, quedamos coa triste sensación de non ter feito máis pola causa que estaba a defender. Por outra banda, quixéramos que fose lembrado coma un exemplo de valor fronte a adversidade, e de nobreza, ó iniciar esa campaña para defender os dereitos de todas aquelas persoas que se atopan na súa situación, deixando a un lado as súas dificultades.

Tamén quixéramos facer unha chamada de atención a todos aqueles que, conscientes da súa situación real, ou non querendo saber, tiveron a posibilidade de ter feito que a súa calidade de vida e a da súa familia houbese sido moito mellor, pero non deron ese paso. Aqueles médicos que, olvidando a propia esencia da súa profesión, decidiron ceder ante outros criterios máis espúreos, coma os económicos. Ou incluso a súa señoría, xulgadora do caso da súa incapacidade, que tal vez se ativo máis a razoamentos técnico-legais que ó papel humanizante da súa persoa dentro do ríxido do procedemento legal.

Do mesmo xeito, gustaríanos crer que o exemplo de Daniel perdurará no recordo da xente que coñeceu o seu caso e a súa actitude frente a adversidade. Pelexou para tentar cambiar a súa realidade e a de outros moitos. Se él, dentro das súas limitacións impostas foi quen de facelo, ¿qué retén ó resto da xente? A promesa repetidamente incumplida dende as administracións e a política de velar por nos ten que chamarnos á unidade e á solidaridade. Traballando todos xuntos, participando, propoñendo, mobilizándonos, ... somos quen de cambiar o panorama actual, de conseguir unhas institucións que sirvan á cidadanía, e que garantan unha calidade de vida digna a toda a xente. Dende Podemos Narón, cremos que é a mellor forma de rendir homenaxe á figura de Daniel Rodríguez, e ó seu exemplo.

mércores, 3 de xuño de 2015

Tertulia-debate "Racha coa Invisibilidade"

O vindeiro venres, día cinco de xuño ás sete da tarde no local social e asociación de veciños de O Alto do Castiñeiro terá lugar a segunda iniciativa da acción "Racha coa Invisibilidade"

Neste caso levarémola a cabo en Narón e ten por nome " O cambio ten nome de muller", esta tertulia-debate ven promovida dende a Área de Igualdade de Podemos en Narón, e nela están a participar Podemos Neda, Podemos Valdoviño e Podemos Ferrol, nunha rolda de xornadas polos séus respectivos concellos.

O acto é aberto a todas as persoas que teñan curiosidade e/ou queiran participar.