martes, 9 de xuño de 2015

Falece Daniel Rodríguez

Acabamos de recibir a triste nova do falecemento de Daniel Rodriguez, na súa loita contra a enfermidade autoinmune que lle foi diagnosticada cando so contaba 3 anos de idade.

A pesar das dificultades que ésta lle impuxo, foi quen de superalas, e chegou a desempeñar unha vida laboral normal ata o 2008, ano no cal comezan a aumentar as complicacións de forma progresiva. Isto obrigaríao a realizar continuos ingresos hospitalarios, tomar inxentes cantidades de medicación e derivados da morfina para calmar a dor.
Lamentablemente, a súa loita non se limitará á súa enfermidade. Nesta situación que lle imposibilita desempeñar unha profesión, se lle nega a posibilidade de obter unha incapacidade permanente, véndose na obriga de tamén baterse coa Administración. Por outra banda, no seu afán de loita, comeza unha iniciativa na que demanda a creación dun servizo de atención a pacientes inmunodeficientes por cada millón de habitantes, coa fin de que tanto él coma outras persoas na mesma situación desfruten de forma efectiva do dereito a unha atención sanitaria de calidade.

Dende aquí, quixéramos enviar as nosas máis sinceras condolencias á súa familia e persoas achegadas. Ainda que colaboramos con eles, quedamos coa triste sensación de non ter feito máis pola causa que estaba a defender. Por outra banda, quixéramos que fose lembrado coma un exemplo de valor fronte a adversidade, e de nobreza, ó iniciar esa campaña para defender os dereitos de todas aquelas persoas que se atopan na súa situación, deixando a un lado as súas dificultades.

Tamén quixéramos facer unha chamada de atención a todos aqueles que, conscientes da súa situación real, ou non querendo saber, tiveron a posibilidade de ter feito que a súa calidade de vida e a da súa familia houbese sido moito mellor, pero non deron ese paso. Aqueles médicos que, olvidando a propia esencia da súa profesión, decidiron ceder ante outros criterios máis espúreos, coma os económicos. Ou incluso a súa señoría, xulgadora do caso da súa incapacidade, que tal vez se ativo máis a razoamentos técnico-legais que ó papel humanizante da súa persoa dentro do ríxido do procedemento legal.

Do mesmo xeito, gustaríanos crer que o exemplo de Daniel perdurará no recordo da xente que coñeceu o seu caso e a súa actitude frente a adversidade. Pelexou para tentar cambiar a súa realidade e a de outros moitos. Se él, dentro das súas limitacións impostas foi quen de facelo, ¿qué retén ó resto da xente? A promesa repetidamente incumplida dende as administracións e a política de velar por nos ten que chamarnos á unidade e á solidaridade. Traballando todos xuntos, participando, propoñendo, mobilizándonos, ... somos quen de cambiar o panorama actual, de conseguir unhas institucións que sirvan á cidadanía, e que garantan unha calidade de vida digna a toda a xente. Dende Podemos Narón, cremos que é a mellor forma de rendir homenaxe á figura de Daniel Rodríguez, e ó seu exemplo.

2 comentarios :

  1. ¨¨Ainda que colaboramos con eles, quedamos coa triste sensación de non ter feito máis pola causa que estaba a defender¨¨.Pola vosa desidia e incapacidade.Non participachedes da primeira vez que se foi falar con el e aparecichedes dous meses despois.........por certo,Fina xa o dixo públicamente e eu aproveito para facelo...onde andabades que ningún tivechedes tempo de despedilo.......

    ResponderEliminar
  2. ¨¨Ainda que colaboramos con eles, quedamos coa triste sensación de non ter feito máis pola causa que estaba a defender¨¨.Pola vosa desidia e incapacidade.Non participachedes da primeira vez que se foi falar con el e aparecichedes dous meses despois.........por certo,Fina xa o dixo públicamente e eu aproveito para facelo...onde andabades que ningún tivechedes tempo de despedilo.......

    ResponderEliminar