xoves, 21 de maio de 2015

Comunicado do Consello Cidadán sobre as eleccións municipais

Tal e como aprobamos na Asamblea de Vistalegre entre tod@s as persoas que conformamos a organización, Podemos non se presenta ás vindeiras eleccións municipais.

O acordado na votación de Vistalegre especificaba que, desde Podemos, se podía participar ou promover candidaturas de unidade popular. O Consello Cidadán de Narón (daquí en diante CCMN) reuníuse con varias persoas e grupos políticos que estaban a promover candidaturas para as municipais. Estas candidaturas tiñan que cumprir unha serie de condicións sine qua non para poder ser apoiadas. Estos requisitos, fixados no Documento Político Estatal, eran:
  • Tódalas posicións electorais deben estar abertas a seren decididas pola cidadanía. As listas deberán ser paritarias e as primarias únicas. 
  • A base das candidaturas de unidade popular e cidadá ten que ser a capacidade de decidir da cidadanía. Deben ser ferramentas que articulen novas formas de participación política e decisión a escala municipal. 
  • As candidaturas de unidade popular e cidadá deben aspirar a transformala situación, non a facer matices. 
  • Os eventuais pactos contra natura en política municipal non poden comprometer a estratexia xeral de cambio no país e a nivel estatal. 
  • As candidaturas de unidade popular non poden ser sumas de siglas e polo tanto a súa expresión formal deberá ser preferentemente a da Agrupación de Electores. 
  • As candidaturas de unidade popular e cidadá non buscan ubicarse na esquerda do taboleiro senón o cupar a centralidade. Tampoco deben ser candidaturas de activistas e movementos facendo política para sí mesmos. Son candidaturas de maiorías que queren vencer para facer da desidia, ilusión, e do descontento, poder da xente. 
Foi tarefa do CCMN avaliar si as candidaturas que estaban a ser promovidas cumprían con estos requisitos. Unha vez avaliadas e vendo que non se cumprían, o CCMN informou aos promotores dos cambios que terían que facer se querían ser tidas en consideración para darlles o apoio formal de Podemos ás súas candidaturas. Asimesmo enviouse un informe sobre as candidaturas ao Secretario Xeral de Podemos Galicia.

Unha vez feito isto, ningún dos promotores enviou a información na que se confirmaba o cumprimento destos requisitos nin solicitaron o apoio formal de Podemos.

Recordámoslles aos incritos que Podemos non apoia ningunha candidatura en Narón e que, en Galicia, as únicas candidaturas que teñen o apoio formal de Podemos son as seguintes:

#SalvemosoAteneo

Desde a Área de Cultura de Podemos Narón queremos mostrar o noso apoio á campaña iniciada polo Ateneo Ferrolán para a asumir os gastos que supón a recuperación do seu patrimonio (hemeroteca, biblioteca, arquivos e enseres).

Lembrámosvos que este patrimonio leva almacenado en contentores dende hai varios anos por causa das obras de restauración do edificio sede do Ateneo Ferrolán. Ao negarse o Concello de Ferrol a asumir o pagamento de 39.000 euros, a entidade veuse obrigada a correr con estos gastos e ven de iniciar unha campaña de micromecenazgo (crowfunding) para recadar fondos.

O Ateneo Ferrolán é unha entidade sempre aberta que apoia moitísimas actividades de diferentes grupos da comarca. Mesmo recentemente ven de apoiar a Podemos Narón na súa actividade Racha coa invisibilidade, feita en conxunto con Podemos Ferrol, Podemos Neda e Podemos Valdoviño.

Podedes infomarvos máis sobre este tema aquí.

Se queredes aportar algún diñeiro á campaña de micromecenazco iniciada polo Ateneo, podedes facelo na seguinte dirección: https://achegas.ateneoferrolan.org/

domingo, 17 de maio de 2015

Racha coa invisibilidade


Dende a Área de Igualdade de Narón, estase a traballar xunto coa de Ferrol, Neda e Valdoviño, co fin de achegarse a cidadanía e facela participe do que se está a promover. Temos como principal obxectivo transmitir a necesidade de alcanzar a democracia real para lograr esa tan desexada igualdade entre mulleres e homes.

Froito deste traballo conxunto foi o acto que tivo lugar no Ateneo Ferrolá as 19:00 o día 15M, baixo o título “Racha coa invisibilidade”. Tres foron as poñentes, cada unha delas expuxo dende a percepción do seu ámbito profesional, o lugar que están a ocupar as mulleres, o trato que reciben…. As temáticas a tratar foron: a educación, a inmigración e a xustiza. Ficada a exposición por parte de cada poñente, se recolleron unha batería de preguntas, que agardaban ser respostadas unha vez aberto o debate no que houbo unha gran participación por parte da cidadanía. Salientamos e ao mesmo tempo agradecemos a presencia dos homes (uns trece de case trinta asistentes) e da xente nova, xa que nesta loita pola igualdade xogan un papel moi importante.



Dende esta Área séguese a traballar, para que en cada un dos concellos participantes, podida celebrar un acto similar, nas vindeiras semanas. Cómpre dicirvos que a participación na Área está aberta a calquera que lle interese achegar o seu gran de area.

Día das Letras Galegas

Dende a Área de cultura de Podemos Narón queremos desexarvos a todos un feliz día das Letras Galegas.


Lembrámosvos que este ano se celebra a obra de Xosé Filgueira Valverde.

Deixámosvos eiquí un enlace ao artigo de José María Castro, membro do Consello Cidadán Autonómico de Podemos e responsable da Secretaría Autonómica "Orgullos@s do noso", sobre Filgueira Valverde: artigo

venres, 15 de maio de 2015

Asistimos á proxección do documental "O tesoro de Corcoesto"



O pasado 15 de Maio dende a área de medio ambiente estivemos presentes na proxección do documental Tesouro de Corcoesto, que se celebrou na sede da Sociedade Galega de Historia Natural. 


Aínda que non é algo que acontecera na nosa comarca, vimos moi importante asistir dado que as políticas que gobernan o noso país facilmente poderían autorizar unha explotación de este tipo na nosa zona si se dera o caso.

Basicamente a intención de Xunta de Galicia, xunto cunha empresa mineira canadense (Edgewater Exploration) dedicáronse a promover un proxecto de futuro para a zona. Sostiñan que terían unha inversión de 110 millóns de euros e unha creación de 1400 postos de traballo a cambio de construír unha explotación mineira a ceo aberto para a extracción de ouro. 

A problemática veu cando diversos colectivos e investigadores independentes, unhas 160 persoas, empezaron a informar a veciñanza da realidade dunha mina de estas características. O uso indiscriminado de produtos cunha alta toxicidade, tales coma o Cianuro Sódico ou o Arsénico, que poderían acabar moi facilmente vertidos nos ríos da zona e nas propias terras, que quedarían contaminadas practicamente de por vida. Así mesmo a duración da mina estaba estimada en nove ou dez anos como moito, posto que a extracción de ouro final serían unhas trinta e catro toneladas e os postos de traballo que daría nos seus dous primeiros anos, incluíndo a fase de construción, seria de arredor duns 500 para, nunha fase posterior de funcionamento pasar a 300. 

O bon desta longametraxe é que momentaneamente, gracias ao movemento social de todas as parroquias implicadas, chegaron a parar o proxecto. Mesmo que a Xunta alegara razóns “técnicas” e de “financiamento” para non levalo adiante, a presión social foi a que o detivo. Sacamos pois en conclusión da mesma que a unidade fronte ante estes e outros atentados, que o goberno pretende impoñer contra a cidadanía, poden ser freados coa concienciación, perseveranza e acción do pobo. 

Está de máis indicar as presións que houbo contra os detractores da mina, por parte da Xunta e da propia empresa mineira, así coma algún sindicato ou alcaldes da zona que se manifestaron abertamente a favor da implantación da mesma.

mércores, 13 de maio de 2015

Apoiando a manifestación reclamando carga de traballo para Navantia

O pasado Xoves 30 de Abril, houbo un encerro dentro do estaleiro de Navantia dende as 14.00 ata as 18.00 horas e saír despois en concentración ate a praza de Armas, para estar presentes algún dos representantes, tanto do Comité de Navantia coma da Industria Auxiliar, no Pleno que estaba a se desenvolver dentro do Axuntamento de Ferrol. Tamén se ía facer entrega dun escrito solicitando o apoio de todas as forzas políticas de cara a manifestación do vindeiro 10 de Maio.


Cabe salientar a escasa participación do persoal, tanto de auxiliares coma da principal. Estímase sobre unhas 500 persoas. Isto deixa patente unha vez máis a ineficacia das medidas que se están a tomar, tanto pola loita para obter unha carga de traballo estable e real para a comarca, coma pola merma das condicións laborais en que se está a contratar ao persoal das auxiliares.



Dende a área de Extensión e Participación estivemos presentes en dito acto, xunto con membros do Círculo do Naval e outras áreas de Podemos da comarca.

martes, 12 de maio de 2015

#LoitaDanielRodríguez

Dende a área social de Podemos Narón queremos amosar o noso apoio a Daniel Rodríguez Dopico, un veciño de Narón de 35 anos que sofre unha doenza inmunodeficiente dexenerativa que ten unha media de vida de 25 anos. Isto fai de Daniel un dos enfermos máis antigos desta doenza de todo o Estado.


Desde Podemos Narón estivemos con Daniel para amosarlle o noso apoio e ánimos e, sobre todo, poñernos á súa disposición na súa loita, que é a de todos: a loita por unha sanidade pública e de calidade. Daniel está a recoller sinaturas para levar ao parlamento unha inciativa lexilativa popular (o cal require de 500.000 asinantes) na que solicita que se cree un servizo de inmunoloxía clínica por cada millón de habitantes, axudas farmacéuticas para doentes crónicos e que se axilice a lei de dependencia. Para iso, Daniel creou unha petición na plataforma Change.org na que podedes asinar mostrando apoio.

Alén diso, tedes á vosa disposición unha folla de sinaturas que podedes imprimir e enviar a Daniel á seguinte dirección postal:

Estrada de Castela, 638, 1º
O Ponto-15570
Narón

Dende Podemos Narón estamos planificando poñer mesas para recollida de sinatura en distintos puntos do concello. Se queres colaborar nesta recollida de sinaturas, podes poñerte en contacto, indicando o teu nome e apelidos e a túa dispoñibilidade horaria no seguinte correo electrónico: podemos.naron@gmail.com. En canto teñamos organizada esta acción, informaremos mediante o blog e redes sociais dos lugares en que se procederá á recollida de sinaturas.


A loita de Daniel non remata, desgraciadamente, eiquí. Daniel non ten ingresos e a súa mai tivo que deixar de traballar para poder coidar do seu fillo, co que os ingresos da casa son máis que insuficientes para desenvolver unha vida digna, especialmente tendo en conta os gasto que a enfermidade implica. A Daniel Foille denegada a invalidez permamente aducindo que está en condicións de adicarse ao seu traballo habitual (hostelería), cando apenas pode nin moverse. Daniel e a súa nai están a pasar moitas dificultades económicas e o noso deber moral é apoialos entre todos. Por iso, desde Podemos Narón, pedimos o voso apoio económico a Daniel, que podedes facer das seguintes maneiras:

  1. Por transferencia bancaria á conta ES22 0049 2211 362214 064182 có asunto "Donación Lucha Daniel Rodríguez".
  2. Mediante a plataforma de microdoazóns Teaming. Desde esta plataforma, aquelas persoas que non dispoñan de cartos para dar unha eventual, poden doar 1 € ao mes. O importante eiquí é que participe o maior número de persoas posible. Se chegamos a 1000 persoas, doaremos mil euros á Loita de Daniel. Podedes informarvos sobre teaming eiquí.

Queremos deixarvos tamén os contactos de Fina e Daniel en Facebook. Aqueles que queirades enviarlles ánimos ou contactar con eles para algunha cuestión, podedes facelo por esa vía ou, tamén, no correo-e: daniel_dopico@yahoo.es

Tedes máis información sobre a Asociación Española de Déficits Inmunitarios Primarios (AEDIP) na súa páxina web: www.aedip.com

Grazas pola vosa atención.
Tod@s con Daniel con o HT #LuchaDanielRodriguez
Xuntos e xuntas Podemos!

martes, 5 de maio de 2015

Estuda o teu concello

Unha das maneiras que como cidadáns temos para coñecer o noso concello de cara a milloralo, ademáis de falando cós veciños, é o estudo sobre o que del se ten escrito.

Nesta sección iremos engadindo as referencias bibliográficas que atopamos sobre todos os temas de interese en relación con Narón.

As túas colaboracións sobre referencias bibliográficas do noso concello serán sempre benvidas! Se coñeces algunha que non esté xa na lista pódes enviarnola a: podemosnaron.cultura@gmail.com

Referencias:

venres, 1 de maio de 2015

Celebración do 1 de Maio


Este 1°de Maio non é unha data de reivindicas ao uso. Estamos a sufrir, a grandes alancadas, o expolio dos dereitos laborais acadados durante moitos anos de loita por parte da clase obreira. As persoas que nolos están o roubar, que nos empobrecen e empioran a nosa calidade de vida, teñen formado un sistema oligárquico e cleptocrático con xestos dictatoriais.

Este ano toca, ademáis de recuperar os dereitos perdidos, defender a dignidade do traballo, rexeitar a precariedade, o esclavismo, o abuso da Patronal e o empobrecemento das/os traballadoras/es. Non queremos un sistema que se aproveite do noso sufrimento, nin do de ningunha persoa no mundo, para maior beneficio do 1 % dominante.

O traballo é un dereito humano recollido no artigo 23 da solemne declaración dos Dereitos Humanos. Non podemos permitir que o capital, a banca e as multinacionais, xunto cós seus conseguidores a soldo dos partidos do réxime do 78, nos quiten os nosos dereitos nin sexan quen de dirixir os nosos destinos. Non podemos permitir que disfracen de decisións técnicas ataques políticos que violan a nosa dignidade. Non o consentiremos!

Este é o día en que temos que lembrar a todas/os compañeiras/os que fixeron posible que os nosos dereitos deixaran de ser soños.

Pola recuperación dos dereitos!

Pola dignidade do traballo!

Por un salario digno!

Pola igualdade salarial!

Polo respecto no traballo!

Pola liberdade de expresión (non á lei mordaza!)

Pola soberanía da xente común e os dereitos humans (non ó TTIP!)

Por todo iso,

Celebremos a memoria das loitas do pasado, que nos dan ánimos para continuar coas loitas do noso tempo.

É AGORA - PODEMOS.