xoves, 21 de maio de 2015

Comunicado do Consello Cidadán sobre as eleccións municipais

Tal e como aprobamos na Asamblea de Vistalegre entre tod@s as persoas que conformamos a organización, Podemos non se presenta ás vindeiras eleccións municipais.

O acordado na votación de Vistalegre especificaba que, desde Podemos, se podía participar ou promover candidaturas de unidade popular. O Consello Cidadán de Narón (daquí en diante CCMN) reuníuse con varias persoas e grupos políticos que estaban a promover candidaturas para as municipais. Estas candidaturas tiñan que cumprir unha serie de condicións sine qua non para poder ser apoiadas. Estos requisitos, fixados no Documento Político Estatal, eran:
  • Tódalas posicións electorais deben estar abertas a seren decididas pola cidadanía. As listas deberán ser paritarias e as primarias únicas. 
  • A base das candidaturas de unidade popular e cidadá ten que ser a capacidade de decidir da cidadanía. Deben ser ferramentas que articulen novas formas de participación política e decisión a escala municipal. 
  • As candidaturas de unidade popular e cidadá deben aspirar a transformala situación, non a facer matices. 
  • Os eventuais pactos contra natura en política municipal non poden comprometer a estratexia xeral de cambio no país e a nivel estatal. 
  • As candidaturas de unidade popular non poden ser sumas de siglas e polo tanto a súa expresión formal deberá ser preferentemente a da Agrupación de Electores. 
  • As candidaturas de unidade popular e cidadá non buscan ubicarse na esquerda do taboleiro senón o cupar a centralidade. Tampoco deben ser candidaturas de activistas e movementos facendo política para sí mesmos. Son candidaturas de maiorías que queren vencer para facer da desidia, ilusión, e do descontento, poder da xente. 
Foi tarefa do CCMN avaliar si as candidaturas que estaban a ser promovidas cumprían con estos requisitos. Unha vez avaliadas e vendo que non se cumprían, o CCMN informou aos promotores dos cambios que terían que facer se querían ser tidas en consideración para darlles o apoio formal de Podemos ás súas candidaturas. Asimesmo enviouse un informe sobre as candidaturas ao Secretario Xeral de Podemos Galicia.

Unha vez feito isto, ningún dos promotores enviou a información na que se confirmaba o cumprimento destos requisitos nin solicitaron o apoio formal de Podemos.

Recordámoslles aos incritos que Podemos non apoia ningunha candidatura en Narón e que, en Galicia, as únicas candidaturas que teñen o apoio formal de Podemos son as seguintes:

Ningún comentario :

Publicar un comentario