domingo, 17 de maio de 2015

Racha coa invisibilidade


Dende a Área de Igualdade de Narón, estase a traballar xunto coa de Ferrol, Neda e Valdoviño, co fin de achegarse a cidadanía e facela participe do que se está a promover. Temos como principal obxectivo transmitir a necesidade de alcanzar a democracia real para lograr esa tan desexada igualdade entre mulleres e homes.

Froito deste traballo conxunto foi o acto que tivo lugar no Ateneo Ferrolá as 19:00 o día 15M, baixo o título “Racha coa invisibilidade”. Tres foron as poñentes, cada unha delas expuxo dende a percepción do seu ámbito profesional, o lugar que están a ocupar as mulleres, o trato que reciben…. As temáticas a tratar foron: a educación, a inmigración e a xustiza. Ficada a exposición por parte de cada poñente, se recolleron unha batería de preguntas, que agardaban ser respostadas unha vez aberto o debate no que houbo unha gran participación por parte da cidadanía. Salientamos e ao mesmo tempo agradecemos a presencia dos homes (uns trece de case trinta asistentes) e da xente nova, xa que nesta loita pola igualdade xogan un papel moi importante.



Dende esta Área séguese a traballar, para que en cada un dos concellos participantes, podida celebrar un acto similar, nas vindeiras semanas. Cómpre dicirvos que a participación na Área está aberta a calquera que lle interese achegar o seu gran de area.

Ningún comentario :

Publicar un comentario