venres, 15 de maio de 2015

Asistimos á proxección do documental "O tesoro de Corcoesto"



O pasado 15 de Maio dende a área de medio ambiente estivemos presentes na proxección do documental Tesouro de Corcoesto, que se celebrou na sede da Sociedade Galega de Historia Natural. 


Aínda que non é algo que acontecera na nosa comarca, vimos moi importante asistir dado que as políticas que gobernan o noso país facilmente poderían autorizar unha explotación de este tipo na nosa zona si se dera o caso.

Basicamente a intención de Xunta de Galicia, xunto cunha empresa mineira canadense (Edgewater Exploration) dedicáronse a promover un proxecto de futuro para a zona. Sostiñan que terían unha inversión de 110 millóns de euros e unha creación de 1400 postos de traballo a cambio de construír unha explotación mineira a ceo aberto para a extracción de ouro. 

A problemática veu cando diversos colectivos e investigadores independentes, unhas 160 persoas, empezaron a informar a veciñanza da realidade dunha mina de estas características. O uso indiscriminado de produtos cunha alta toxicidade, tales coma o Cianuro Sódico ou o Arsénico, que poderían acabar moi facilmente vertidos nos ríos da zona e nas propias terras, que quedarían contaminadas practicamente de por vida. Así mesmo a duración da mina estaba estimada en nove ou dez anos como moito, posto que a extracción de ouro final serían unhas trinta e catro toneladas e os postos de traballo que daría nos seus dous primeiros anos, incluíndo a fase de construción, seria de arredor duns 500 para, nunha fase posterior de funcionamento pasar a 300. 

O bon desta longametraxe é que momentaneamente, gracias ao movemento social de todas as parroquias implicadas, chegaron a parar o proxecto. Mesmo que a Xunta alegara razóns “técnicas” e de “financiamento” para non levalo adiante, a presión social foi a que o detivo. Sacamos pois en conclusión da mesma que a unidade fronte ante estes e outros atentados, que o goberno pretende impoñer contra a cidadanía, poden ser freados coa concienciación, perseveranza e acción do pobo. 

Está de máis indicar as presións que houbo contra os detractores da mina, por parte da Xunta e da propia empresa mineira, así coma algún sindicato ou alcaldes da zona que se manifestaron abertamente a favor da implantación da mesma.

Ningún comentario :

Publicar un comentario