martes, 28 de abril de 2015

Apoiando á asociación galega de víctimas do amianto (AGAVIDA)

Ésta mañá achegámonos para dar o noso apoio á asociación AGAVIDA (Asociación Galega de Víctimas do Amianto), na súa loita en favor das personas enfermas e as súas familias. Destacou a sua presenza na concentración sindical posterior, onde foron maioritarios.

Podedes visitar a páxina de AGAVIDA en Facebook no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/asociacion.agavida

Sitio web de AGAVIDA:
http://www.avida.es/



Máis información sobre o amianto e os seus efectos sobre a saúde:

Clemente, Miguel, Adela Reig-Botella, y Juan Carlos Prados. 2015. «Alteraciones de la salud psicosocial en afectados por intoxicación por amiantoRevista de Saúde Pública 49:1-7.

Carmen Diego, María et al. 2013. «Contenido pulmonar de amianto en trabajadores de los astilleros de FerrolMedicina Clínica 140(4):152-56.

xoves, 23 de abril de 2015

Saneamento lugar d'Os Vicás, parroquia de San Xiao

Dende a Área de Medio Ambiente e Territorio do Consello Cidadán de Narón queremos expresar a nosa preocupación pola falta de actuacións, por parte do Concello de Narón, para solucionar o problema do saneamento no lugar d’Os Vicás, na parroquia de San Xiao.

Un problema que segue, tras case nove anos de reclamacións e falsas promesas. En 2010, apenas un ano antes das eleccións de 2011, anunciábase en prensa que o lugar d’Os Vicás tería saneamento1, mais ate agora fica como outro dos moitos compromisos incumpridos por parte do goberno local.

Tras visitar a zona, e falar cos veciños afectados, estes transmitiron a falta de palabra por parte do Concello para instalar unha canalización, nun treito duns 500 metros desde o cruce dos Vicás, que evite as verteduras daquelas augas que non poden ser almacenadas en fosa séptica á beira da vía. O resultado son malos cheiros e o xerme dun problema ambiental que, lonxe de ser solucionado, segue enquistado na zona. no video a continuación podedes ver esta canalización:


Dende Podemos Narón consideramos que é inconcebible que no século XXI haxa zonas dun concello que se gaba de ser CIDADE que carezan de algo tan básico como o saneamento. Iso proba a falta absoluta de interese por solucionar un problema que trascende do eido ambiental. Ademais, consideramos que aquelas actuacións que son promesa electoral deben ser cumpridas na propia lexislatura e nunca deberían ser condicionadas a unha reelección. Iso é xogar con familias que esixen unha solución definitiva. Desde Podemos Narón queremos mostrar o noso apoio aos veciños d’Os Vicás e ofrecernos para traballar de cara a solucionar todos xuntos un problema que levan anos denunciando.

martes, 14 de abril de 2015

Non ao TTIP

Dende o comezo da súa andadura, Podemos declarouse manifestamente en contra do TTIP, o tratado de libre comercio que, en connivencia coa Comisión Europea, nos queren impoñer as transnacionais situadas a ambas beiras do Atlántico. Un tratado escurantista e opaco, do que non permiten coñecer os seus termos reais, e que por diversas filtracións coñecemos que pretende rebaixar os altos estándares de calidade e salubridade das normas europeas para permitir comerciar con productos considerados actualmente nocivos, e anular a soberanía lexislativa dos estados, dando prioridade ós beneficios desas compañías.

Dende Podemos Narón, sumámonos a esta posición, e invitámos á cidadanía a participar nos actos promovidos esta semana por mor do Día Global de Acción contra o TTIP programado para este 18 de Abril:
Máis información sobre o TTIP:
Máis información sobre a Plataforma Cidadá Contra o TTIP Ferrolterra:

sábado, 11 de abril de 2015

Apoio á plataforma de afectados da cooperativa de Pedroso

Podemos Narón apoia á plataforma de afectados da cooperativa de Pedroso nas súas reivindicacións.

Se queredes colaborar con eles, podedes contacta-los vía Facebook aquí: https://www.facebook.com/pages/Plataforma-de-Afectados-por-la-Cooperativa-de-Pedroso/422137047949075

Video da lectura do manifesto, diante do supermercado da Cooperativa o sábado 11 de abril de 2015