Inicio


Secciones ¿Quén somos? Colabora con nos Contacta con nos Ir ao blog Secciones

¿Quen somos e que queremos para Narón?

Podemos é unha iniciativa e proposta popular para transformar a indignación nun cambio político. Aspiramos á rexeneración e evolución democrática. A Constitución española afirma no seu artigo primeiro, punto 2: "La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan los poderes del Estado". Consideramos que a soberanía do pobo foi secuestrada por unha economía especulativa que impide a aplicación práctica dos principios constitucionais.

Podemos basea os seus principios na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O propósito é desenvolver unha economía ao servizo do equilibrio ecolóxico e o benestar social.
O noso plan de acción céntrase en dous niveis, nacional e local:
  • A nivel nacional traballaremos pola apertura dun proceso constituínte que materialice unha nova constitución. Necesitamos ferramentas políticas que permitan a toma de decisións en prol do interese xeral. A soberanía reside no pobo, non nos fondos de investimento.
  • A nivel local queremos xestionar os recursos de forma intelixente, práctica e participativa (democracia 2.0), rematar coa corrupción das institucións (transparencia radical) e inverter a tendencia privatizadora recuperando os servizos municipais.

¿Como colaborar?

Podemos funciona de forma asemblearia. As propostas debátense e as decisións tómanse entre todos. Para materializar as decisións da asemblea créanse grupos de traballo específicos chamados áreas de traballo. O conxunto de asemblea e áreas é un Círculo. Os Círculos son abertos. Calquera cidadán/a interesado/a en levar á práctica o ideario de Podemos é benvido/a

¿Como podo participar?

Asembleas
Nos grupos de traballo
Participa nas distintas áreas do círculo de Podemos Narón aportando o teu traballo.
Coñecementoo
Con coñecementos
Se polo teu traballo ou estudos tes coñecementos específicos nunha área concreta a túa información pode ser de grande utilidade, facilítanos un contacto para contar co teu asesoramento.

Financiamento
CON FINANCIAMENTO
Podemos non se endebedará con entidades financeiras privadas que poidan interferir na súa axenda política. Aí reside a liberdade de acción que permitirá transformar as estruturas sociais.


Comisións de traballo
Infórmate
Asiste ás asembleas informativas, síguenos nas redes sociais ou suscríbete ás nosas novas: a información é o primeiro paso cara o cambio.


Contact@ con nos

Podes contactar con nos a traves dos seguintes medios: