martes, 12 de maio de 2015

#LoitaDanielRodríguez

Dende a área social de Podemos Narón queremos amosar o noso apoio a Daniel Rodríguez Dopico, un veciño de Narón de 35 anos que sofre unha doenza inmunodeficiente dexenerativa que ten unha media de vida de 25 anos. Isto fai de Daniel un dos enfermos máis antigos desta doenza de todo o Estado.


Desde Podemos Narón estivemos con Daniel para amosarlle o noso apoio e ánimos e, sobre todo, poñernos á súa disposición na súa loita, que é a de todos: a loita por unha sanidade pública e de calidade. Daniel está a recoller sinaturas para levar ao parlamento unha inciativa lexilativa popular (o cal require de 500.000 asinantes) na que solicita que se cree un servizo de inmunoloxía clínica por cada millón de habitantes, axudas farmacéuticas para doentes crónicos e que se axilice a lei de dependencia. Para iso, Daniel creou unha petición na plataforma Change.org na que podedes asinar mostrando apoio.

Alén diso, tedes á vosa disposición unha folla de sinaturas que podedes imprimir e enviar a Daniel á seguinte dirección postal:

Estrada de Castela, 638, 1º
O Ponto-15570
Narón

Dende Podemos Narón estamos planificando poñer mesas para recollida de sinatura en distintos puntos do concello. Se queres colaborar nesta recollida de sinaturas, podes poñerte en contacto, indicando o teu nome e apelidos e a túa dispoñibilidade horaria no seguinte correo electrónico: podemos.naron@gmail.com. En canto teñamos organizada esta acción, informaremos mediante o blog e redes sociais dos lugares en que se procederá á recollida de sinaturas.


A loita de Daniel non remata, desgraciadamente, eiquí. Daniel non ten ingresos e a súa mai tivo que deixar de traballar para poder coidar do seu fillo, co que os ingresos da casa son máis que insuficientes para desenvolver unha vida digna, especialmente tendo en conta os gasto que a enfermidade implica. A Daniel Foille denegada a invalidez permamente aducindo que está en condicións de adicarse ao seu traballo habitual (hostelería), cando apenas pode nin moverse. Daniel e a súa nai están a pasar moitas dificultades económicas e o noso deber moral é apoialos entre todos. Por iso, desde Podemos Narón, pedimos o voso apoio económico a Daniel, que podedes facer das seguintes maneiras:

  1. Por transferencia bancaria á conta ES22 0049 2211 362214 064182 có asunto "Donación Lucha Daniel Rodríguez".
  2. Mediante a plataforma de microdoazóns Teaming. Desde esta plataforma, aquelas persoas que non dispoñan de cartos para dar unha eventual, poden doar 1 € ao mes. O importante eiquí é que participe o maior número de persoas posible. Se chegamos a 1000 persoas, doaremos mil euros á Loita de Daniel. Podedes informarvos sobre teaming eiquí.

Queremos deixarvos tamén os contactos de Fina e Daniel en Facebook. Aqueles que queirades enviarlles ánimos ou contactar con eles para algunha cuestión, podedes facelo por esa vía ou, tamén, no correo-e: daniel_dopico@yahoo.es

Tedes máis información sobre a Asociación Española de Déficits Inmunitarios Primarios (AEDIP) na súa páxina web: www.aedip.com

Grazas pola vosa atención.
Tod@s con Daniel con o HT #LuchaDanielRodriguez
Xuntos e xuntas Podemos!

Ningún comentario :

Publicar un comentario