xoves, 21 de maio de 2015

#SalvemosoAteneo

Desde a Área de Cultura de Podemos Narón queremos mostrar o noso apoio á campaña iniciada polo Ateneo Ferrolán para a asumir os gastos que supón a recuperación do seu patrimonio (hemeroteca, biblioteca, arquivos e enseres).

Lembrámosvos que este patrimonio leva almacenado en contentores dende hai varios anos por causa das obras de restauración do edificio sede do Ateneo Ferrolán. Ao negarse o Concello de Ferrol a asumir o pagamento de 39.000 euros, a entidade veuse obrigada a correr con estos gastos e ven de iniciar unha campaña de micromecenazgo (crowfunding) para recadar fondos.

O Ateneo Ferrolán é unha entidade sempre aberta que apoia moitísimas actividades de diferentes grupos da comarca. Mesmo recentemente ven de apoiar a Podemos Narón na súa actividade Racha coa invisibilidade, feita en conxunto con Podemos Ferrol, Podemos Neda e Podemos Valdoviño.

Podedes infomarvos máis sobre este tema aquí.

Se queredes aportar algún diñeiro á campaña de micromecenazco iniciada polo Ateneo, podedes facelo na seguinte dirección: https://achegas.ateneoferrolan.org/

Ningún comentario :

Publicar un comentario