venres, 1 de maio de 2015

Celebración do 1 de Maio


Este 1°de Maio non é unha data de reivindicas ao uso. Estamos a sufrir, a grandes alancadas, o expolio dos dereitos laborais acadados durante moitos anos de loita por parte da clase obreira. As persoas que nolos están o roubar, que nos empobrecen e empioran a nosa calidade de vida, teñen formado un sistema oligárquico e cleptocrático con xestos dictatoriais.

Este ano toca, ademáis de recuperar os dereitos perdidos, defender a dignidade do traballo, rexeitar a precariedade, o esclavismo, o abuso da Patronal e o empobrecemento das/os traballadoras/es. Non queremos un sistema que se aproveite do noso sufrimento, nin do de ningunha persoa no mundo, para maior beneficio do 1 % dominante.

O traballo é un dereito humano recollido no artigo 23 da solemne declaración dos Dereitos Humanos. Non podemos permitir que o capital, a banca e as multinacionais, xunto cós seus conseguidores a soldo dos partidos do réxime do 78, nos quiten os nosos dereitos nin sexan quen de dirixir os nosos destinos. Non podemos permitir que disfracen de decisións técnicas ataques políticos que violan a nosa dignidade. Non o consentiremos!

Este é o día en que temos que lembrar a todas/os compañeiras/os que fixeron posible que os nosos dereitos deixaran de ser soños.

Pola recuperación dos dereitos!

Pola dignidade do traballo!

Por un salario digno!

Pola igualdade salarial!

Polo respecto no traballo!

Pola liberdade de expresión (non á lei mordaza!)

Pola soberanía da xente común e os dereitos humans (non ó TTIP!)

Por todo iso,

Celebremos a memoria das loitas do pasado, que nos dan ánimos para continuar coas loitas do noso tempo.

É AGORA - PODEMOS.

Ningún comentario :

Publicar un comentario