Área de Medioambiente e Territorio

Unha sociedade moderna, que loita pola xustiza social, debe ser, a priori, unha sociedade que saiba recoñecer e poñer en valor o medio natural. O respeto polo noso entorno, piar chave da nosa convivencia debe ser compartido polos membros dunha comunidade, e é traballo de todas e todos involucrarnos na súa promoción e fortalecemento.

Desde a área de Medioambiente de Podemos Narón tratamos de involucrar a todos aqueles colectivos e veciños que coñecen a situación medioambiental, paisaxística e territorial do noso concello. Aqueles que levan loitando anos fronte a inxustizas e eivas que afectan ao entorno e ao futuro de Narón e da súa contorna.

Ademáis, desde Podemos Narón, somos conscientes que non vivimos illados, senón que noso entorno natural non coñece de límites xeográficos.

Por iso non xurdimos como árbitros, como tutores dun proxecto excluinte, senón como grupo que, desde políticas colaborativas intermunicipais, poida catalizar as diferentes inquedanzas e de cuxa conexión poidan xurdir grupos de traballo especializados nos temas de maior calado que nos afectan, sendo a ría a esa vía vertebradora dun proxecto común.

Para rematar, queremos facer un chamamento a todas as persoas que teñan inquedanzas comúns e que queiran unirse a este proxecto ilusionante, para que nos contacten a través deste enderezo: medioambienteterritoriopn@gmail.com

Responsables