Área de Extensión e Participación

Dende a área de Extensión e Participación facemos de nexo directo coa cidadanía, principalmente somos dúas persoas as que levamos este proxecto dende o consello cidadán: Serxio e José. Si ben calquera que queira achegarse, xa sexa con ideas ou con interese en ver como nos estamos a desenvolver nas nosas actividades, seredes benvidos.

De momento, e dado as dificultades que temos para atender a todas as áreas que hai dentro do partido, básicamente adicámonos a presentarnos polas asociacións de veciños, recollendo as súas inquedanzas. Máis adiante, levaremos a cabo una serie de charlas sobre os diversos problemas que estamos a padecer no concello. De feito, xa fixemos unha andaina pola ría, e unha charla sobre o estado de mesma. Nestes intres estamos a recoller información, e buscando colaboradores ou asesores que nos axuden a facer un traballo, serio e riguroso, para presentarvos nas seguintes charlas.

Así que pouco máis temos que dicir, a nosa actividade esperamos que vaia en aumento, sobre todo no tema de participación cidadá, para que sexa máis coñecida. Con esto aproveitamos para recordarvos a necesidade que temos de xente disposta a colaborar con nosco, e por todos os veciños do concello de Narón.


Moitas gracias por leernos e ánimo, xuntos Podemos!!

Responsables