Área de Feminismos e Diversidades

Dende a área de Feminismos e Diversidades queremos asumir o compromiso de coñecer as necesidades e intereses das nosas veciñas e veciños para así difundilas e tentar, na medida que nos sexa posible, colaborar e cambiar a situación para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

As nosas liñas de actuación baséanse principalmente en cambiar os seguintes aspectos:


  1. Igualdade de xénero:  as mulleres son un pilar fundamental na nosa sociedade e é inadmisible que en pleno século XXI continúen dándose situacións de desigualdade. É por isto que, co gallo da celebración do Día da Muller, que ten lugar o 8 de marzo, quixemos rendirlles unha pequena homenaxe ás heroínas non recoñecidas do noso día a día, facendo un pequeno vídeo que podedes visualizar pulsando na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=-SKcmEFDyeI

  2. Incorporación ao mercado laboral: temos a xeración mellor formada, xovenes que se ven na obriga de emigrar para conseguir unha oportunidade de desenrolo profesional e de demostrar a súa valía, e iso ten que mudar.

  3. Nenos felices: tamén e inadmisible que as nosas nenas e nenos se vexan privados de actividades educativas, lúdicas e deportivas se os seus páis non teñen medios económicos para ofrecérllelos.

Responsables